Certame de Banda Deseñada

DÍA DA BANDA DESEÑADA

 

Sectorial del Cómic convoca o I Certame Escolar de Banda Deseñada con motivo do Día da Banda Deseñada de acordo coas seguintes BASES:

CONCURSANTES

– Poderán participar neste certame de xeito individual ou colectivo os/as nenos/as e mozos/as que cursen estudos no territorio español, até os 18 anos.

TEMA E FORMATO

– A temática, a técnica e o deseño da BD serán libres.

– Só se aceptarán envíos escaneados dos orixinais. Os traballos serán enviados ao correo concurso_galego@diadelcomic.es

– O formato do traballo será tamaño A4, se é posible no modelo de folla habilitado para el. O traballo debe presentarse rotulado, paxinado e cunha extensión mínima dunha páxina (que conteña polo menos tres viñetas) e un máximo de catro páxinas a unha soa cara, en calquera das linguas oficiais do Estado.

– En ningún caso se admitirán obras que conteñan imaxes de violencia excesiva, xenófobas,

discriminatorias, sexuais ou que fomenten o consumo de substancias nocivas para a saúde.

– O número de traballos por participante é ilimitado.

PRESENTACIÓN

– A obra presentarase sen sinatura e sen o nome do autor nas páxinas, pero cun título ou lema nun espazo visible (no caso de utilizar o modelo proposto, no espazo onde di «título»). É dicir, o título

indicado no modelo debe ser o título do traballo, non o do/a participante. Enviarase compilado nun ficheiro PDF co nome TÍTULODABD.PDF (por exemplo, se a BD se titula «O gran día», o ficheiro será “Ograndía.pdf”).

– Acompañarase doutro ficheiro PDF no que se indicarán os datos persoais do/a autor/a (nome,

enderezo, localidade, centro escolar, correo electrónico de contacto, teléfono de contacto e idade), xunto cunha fotocopia do DNI (do pai, nai ou titor/a en caso de ser menor sen DNI). O ficheiro será nomeado TÍTULODABD_DATOSAUTOR.PDF (por exemplo, se a BD se titula «O gran día», o ficheiro será “Ograndía_datosautor.pdf”). No caso de enviar varios ficheiros, numeraranse TÍTULODABD_DATOSAUTOR2.PDF.

– As obras poderán ser presentadas por un ou varios/as autores/as conxuntamente (guionista, debuxante, entintador/a…), indicando que papel xogou cada autor/a e un/ha responsable de recoller un posible premio. A distribución do posible premio dependerá dos/as autores/as.

LUGAR E DATA DE PRESENTACIÓN

– Os traballos presentaranse dixitalmente no correo electrónico concurso@diadelcomic.es

– O prazo de admisión das obras comezará o 5 de marzo de 2022 e rematará o 29 de maio de 2022.

PREMIOS

– Os premios e categorías cos que está dotado este certame son os seguintes:

  • Participantes de 16 a 18 anos: Premio á mellor BD, lote de BDs por valor de 250 €.
  • Participantes de 12 a 16 anos: Premio á mellor BD, lote de BDs por valor de 250 €.
  • Participantes de 9 a 12 anos: Premio á mellor BD, lote de BDs por valor de 250 €.
  • Participantes menores de 9 anos. Premio á mellor BD, lote de BDs por valor de 250 €.
  • Premio ao centro escolar de cada gañador/a: lote de BDs por valor de 250 €.

– Terase en conta como idade dos/as participantes a data de envío da obra participante.

– O xurado resérvase o dereito de conceder accésits tanto a outros/as participantes como aos centros educativos que destaquen pola súa participación, así como agasallos, diplomas ou outro tipo de mencións.

– Os/as participantes son plenamente responsables de que non existan dereitos de terceiros implicados nin sexan plaxios.

– Os traballos presentados non deberán ter sido premiados en ningún outro certame, perdéndose todos os dereitos no caso de que se obtivese algún premio. Si puideron ter sido publicados ou expostos en fanzines ou publicacións que non supuxeran un premio ou pagamento por eles, pero só se foron publicados nos anos 2021 e 2022 e non en anos anteriores.

– Os premios non poden ser acumulables nin divisibles (excepto entre os/as autores/as dunha mesma obra).

– O xurado poderá declarar desertos un ou varios dos premios.

SELECCIÓN E XURADO

– Tanto a selección como a entrega dos premios será realizada por un xurado especializado formado para tal fin e anunciado na páxina web diadelcomic.es. Dependendo do volume de traballos recibidos, poderá existir unha preselección, organizada polos membros de Sectorial del Cómic.

– O ditame do xurado farase público nas webs SectorialComic.com e DiadelComic.es o día 20 de

Xuño de 2022.

– O ditame emitido polo xurado será inapelable.

EXPOSICIÓN E PROPIEDADE DAS OBRAS

– Os traballos gañadores poderán publicarse nas páxinas web SectorialComic.com e DiadelComic.es.

– Os traballos gañadores poderán ser publicados ou reexpostos en futuras edicións, polo que os/as autores/as ceden o permiso de reprodución para este fin.

OUTRAS DETERMINACIÓNS

– A organización poderá introducir, se o considerar necesario, as modificacións que se estimaren oportunas para o bo funcionamento do concurso.

– A presentación a este concurso implica o coñecemento e a total aceptación das bases do mesmo.

– As dúbidas sobre estas bases e outras consultas poden dirixirse ao correo electrónico

concurso_galego@diadelcomic.es